Calendario, asignaturas, titulaciones, matrículas, becas, información...
Gerardo Balboa @Gerardo Offline #1
Bos días,
O vindeiro 17 de decembro ás 20:30 h no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo, terá lugar o tradicional Concerto de Nadal da Universidade de Vigo.
Este ano contaremos coa actuación de LUAR NA LUBRE.
Para facer deste evento un espectáculo irrepetible estará acompañado dos seguintes artistas: Pedro Guerra, Mägo de Oz, SéS, Maite Dono e a banda de gaitas Moxenas de Vigo.
A asistencia a este concerto será por invitación, polo que as persoas interesadas en acudir deben enviar un e-mail a este mesmo enderezo (sdetset@uvigo.es) antes do día 3 de decembro ás 14:00 h, indicando o nome e apelidos, dni e colectivo dos solicitantes (pdi, pas ou alumnado).
Soamente se entregará unha invitación por persoa.
A Vicerreitoría poderá ratear o número de invitacións que lle correspondan a cada centro se as solicitudes de todos os centros superan a dispoñibilidade. Por esta razón pregánnos que lle comuniquemos aos peticionarios/as da necesidade de que utilicen a súa invitación ou ben a devolvan a Vicerreitoría se non vai ser utilizada.
IMPORTANTE: A orde de reserva virá determinada pola recepción do e-mail da solicitude.

--
Secretaría de Dirección da
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
Universidade de Vigo.
Tlf.: +34 986 813910
Fax: +34 986 814054
Imagen
Avatar de Usuario
Administrador
Legendario
Nov 2010 | 2509 Mens.
Los siguientes usuarios han agradecido a Gerardo este post
sroca (27 Nov 2012, 15:16), roberh (27 Nov 2012, 18:52), Olivia (28 Nov 2012, 01:00)


Simón Roca @sroca Offline #2
Mägo de Oz? WTF Por desgracia ahora no está José Andrea. ¿Es gratis?
Avatar de Usuario
Veterano
Dios
May 2011 | 1994 Mens.

Volver a Escuela de Teleco

cron